Luns. 20.05.2024
El tiempo

O PEL da Deputación mantén máis de cen empregos en empresas de toda a provincia

O PEL da Deputación mantén máis de cen empregos en empresas de toda a provincia
pel-concellos-deputacion-coruna A maioría dos beneficiarios do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña son pequenas pemes con menos de 10 traballadores A Deputación da Coruña publicaba onte no Boletín Oficial da Provincia a listaxe das 92 pemes que manteñen este ano as axudas do Plan de Emprego Local (PEL) para a contratación de persoal. Cunha inversión de 676.281,08 euros, a Deputación facilita que 92 empresas coruñesas con sede en municipios de menos de 20.000 habitantes que xa obtiveron axudas na convocatoria de 2017 para a contratación de novos/as traballadores/as podan seguir contando con eles/as durante un ano máis. Neste segundo ano, a Deputación subvenciona o 50% dos custes laborais destes traballadores (durante o primero ano, o PEL subvenciona o 75% do salario do traballador). Esta liña verase complementada nas vindeiras semanas coa concesión das novas axudas 2018 de PEL-PEMES, cun orzamento de 2,4 millóns de euros, coa que o Goberno provincial espera apoiar a unhas 200 pemes coruñesas na contratación de novos traballadores. “Trátase dunha aposta pola estabilidade no emprego”, afirmou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que lembrou que este ano por primeira vez as empresas beneficiarias do programa PEL-PEMES dispoñen dunha liña específica para poder manter no seu cadro de persoal aos traballadores contratados na anterior convocatoria. “A idea é crear emprego estable, de calidade. Permitir que as persoas que comezaron a traballar grazas a este programa podan seguir facéndoo de xeito e que as contratacións non se limiten a periodos de un ano”, apuntou González Formoso, que subliñou que o 50% das contratacións realizadas ao abeiro do PEL-PEMES son xa de carácter indefinido e que as tres liñas do Plan (PEL-PEMES, PEL-EMPRENDE e PEL-CONCELLOS) supoñen a creación de máis de 1.000 empregos cada ano na provincia da Coruña. Estas 92 renovacións de contrato representan arredor dun 41% das 224 que a liña PEL-PEMES favoreceu o ano pasado, o que supón que catro de cada dez empresas que en 2017 obtiveron axudas do PEL para a contratación de persoal optaron por renovar as axudas para seguir contando con estes traballadores. Os concellos con maior número de solicitudes presentadas en concedidas nesta convocatoria foron Ordes (7 traballadores), As Pontes (6), Curtis (6), Mazaricos (6), Zas (5) e Boiro (4). Por comarcas, as máis beneficiadas son as de Betanzos (16 concedidas por importe de 107.833,70 €), Ordes (14 concedidas por un total de 100.110,64 €), Eume (8 concedidas por 70.004,59 €) e Barbanza e Terra de Soneira, con 8 subvencións concedidas por importe de 63.000 e 57.757 euros, respectivamente. Atendendo ao tipo de negocio, a maioría de beneficiarios (63%) son pequenas pemes con menos de 10 traballadores. Os empresarios individuais (autónomos) representan un 34% das solicitudes concedidas, mentres que o 3% restante son pemes con máis de dez traballadores. As empresas beneficiarias abranguen un amplo abano de actividades, destacando ás vinculadas á agricultura e gandería (26%), sector servizos (44%) e pequeno comercio (12%). Concello                                       Importe concedido Cabana de Bergantiños                        6.763,74 € Camariñas                                              9.000,00 € Cee                                                           11.243,10 € Mazaricos                                               22.500,00 € Muros                                                     10.000,00 € Muxía                                                       5.585,37 € Santa Comba                                          1.500,00 € Vimianzo                                                10.257,80 € Zas                                                           38.500,00 €   Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-deputacion-achega-34-000-euros-para-a-contratacion-de-seis-traballadores-en-zas/ “Os Concellos da Costa recibirán 660.000€ do PEL para crear postos de traballo” — Que pasa na costa Fonte  

Comentarios