Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O PP argumenta as súas posturas sobre o fraude forestal botando balóns fóra e sobre a mina criticando ao PSOE

O PP argumenta as súas posturas sobre o fraude forestal botando balóns fóra e sobre a mina criticando ao PSOE

Falouse hoxe moito sobre a Costa da Morte na sesión no Parlamento Galego. E é o PP o primeiro en explicar as súa posturas sobre dous dos temas máis graves que nos atinxen. Sen olvidar a quita das Preferentes, o PP falou do fraude forestal, botando balóns fóra, como xa fixera Rosa Quintana, e mais da mina de ouro de Corcoesto, criticando ao PSOE.

Fraude Forestal

Vai preguntar o PP no Parlamento unha pregunta na Comisión de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia para interesarse polas supostas irregularidades na tramitación de subvencións para a reforestación de terras non agrarias que tivo lugar na Costa da Morte. Ese é o paso que toma o portavoz da área forestal do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, que quere coñecer o procedemento seguido, a data de concesión das axudas e os expedientes, ao entender que "estes feitos están a ser obxecto dunha investigación xudicial en curso e poñen en valor a constante e intensa colaboración da administración autonómica coa Xustiza".

Balseiro apunta que "a propia administración autonómica ten iniciado un control de calidade adicional, por persoal técnico alleo ao Distrito Forestal obxecto de investigación, sobre todos os expedientes executados, que previamente xa foron revisados, para comprobar novamente que os investimentos obxecto da subvención están realizados e que se axustan aos expedientes".

Ademais, falou tamén do deputado popular imputado no fraude forestal. Balseiro "quere saber como se determina o procedemento a seguir para o outorgamento destas axudas, en que consiste estes trámites, de que data son as ordes de convocatoria e e cando se concederon as axudas cuxos expedientes foron solicitados polo xulgado de Corcubión". Ademais o "Grupo Popular quere saber as xestións que ten previsto desenvolver a Consellería do Medio Rural e do Mar en relación con estes feitos".

Sobre a Mina e o PSOE

Como vén sendo habitual nas guerras dialécticas entre os dous partidos maioritarios, os argumentos máis utilizados para explicar as sportuas de cada un é criticas as posturas dos contrarios. Así, o deputado popular Aurelio Núñez Centeno lamentou o "seguidismo do PSOE sobre a mina de Corcoesto xa que nunca se opuxeron frontalmente ao proxecto".

Núñez criticou que "o PSOE basee a súa oposición en informes da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) do ano 2011 que especifican que as concentracións de arsénico no Anllóns están por baixo do límite permitido, son de orixe mariño, similares as doutros ríos europeos e son consecuencia da litoloxía da zona e non vinculados a antiga mina de ouro”. E valora que “o clima de alarma social e tensión non se corresponde coa realidade vista dende unha óptica científica e dende o Grupo Popular pensamos que a mina, se cumpre todas as normativas, pode ser beneficiosa para a comarca de Begantiños e non é rexeitada pola poboación”.

Segundo o deputado popular “ en Corcoesto haberá mina se a empresa cumpre todas as normativas legais e no caso contrario non se autorizará”.

Núñez lembrou que a Declaración de Impacto Ambiental recibiu un total de 76 alegacións, pero que finalmente foi aprobada en decembro de 2012.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios