Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito

Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito

“Non queremos desculpar, encubrir, simular, disimular, disfrazar, atenuar ou paliar esta suposta trama", sinalaba onte Rosa Quintana, pero lembrou que "as axudas obxecto de estudo por parte da Xustiza foron tramitadas e aprobadas en base a un manual de procedemento e control aprobado pola anterior Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, en xullo de 2008".

Quere desmarcarse así a Xunta da súa participación e responsabilidades na OperacióN Forrest, que conta xa con 15 imputados pero aínda non ten repercusión nas administracións.

A conselleira do Medio Rural e do Mar pediu no Parlamento que se deixe actuar á Xustiza “para comprobar se hai delitos, máxime cando nós –a Xunta– non podemos entrar a verificar datos e cuestións bancarias e outras semellantes por non ter as competencias sobre este tipo de aspectos”. Pero quixo deixar claro que "non estivemos de brazos caídos”, para engadir que a Consellería “está a realizar un control de calidade adicional, por persoal técnico alleo ao Distrito Forestal, sobre todos os expedientes executados, que previamente xa foron revisados”.

“A Xunta é a primeira interesada en que se aclare a suposta trama de irregularidades na tramitación de subvencións para a reforestación de terras non agrarias na Costa da Morte”, asegurou.

Novas da Operación Forest

Fonte

Comentarios