Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP de Coristanco presenta a Juan Carlos García Pose como candidato

O PP de Coristanco presenta a Juan Carlos García Pose como candidato
Juan Carlos Garcia Pose candidato do PP de Coristanco Juan Carlos Garcia Pose, candidato do PP de Coristanco

Unha das dúbidas que quedaban por descubrir na serie de candidatos que estas semanas vai presentar o PP na zona de Bergantiños, acaba de ser resolta. Finalmente o Partido Popular aposta por un home apegado a terra como Juan Carlos García Pose. O PP pasa páxina despois de botar ao seu histórico alcalde Pensado Plágaro e aos seus edís, que apoiaron e despois deixaron só ao alcalde Abraham Gerpe nun pleno no que os non adscritos (pola axitada vida xudicial municipal) é maioría.

O PP sitúa como alternativa á alcaldía de cara ás vindeiras eleccións municiais de maio de 2019 a este home, natural de Coristanco (1971), que foi técnico de Asaja Galicia (Asociación de Jóvenes Agricultores( entre 1991 e 2015, mentres compatibilizaba a súa participación no Consello Agrario de Galicia, Consello Galego de Medio Ambiente, Laboratorio Interprofesional de Análise do Leite e diferentes cooperativas agrarias.
Ademais, desde o ano 2015 ostenta o cargo de presidente da Asociación Rural Galega, entidade especializada en política agraria comunitaria que presta asesoramento no medio rural, así como servizos ás entidades financeiras relacionados coa PAC.
Na actualidade tamén comparte o proxecto empresarial familiar “Casa da Tulla”, relacionado co cultivo da pataca.

A súa presentación oficial, que contará presenza de dirixentes provinciais do Partido Popular, será este mércores 3 de outubro de 2018 ás 20:30h no Restaurante Casa Sánchez (Erbecedo - Coristanco).

Juan Carlos Garcia Pose candidato do PP de Coristanco rexenta a Casa da Tulla Juan Carlos Garcia rexenta a Casa da Tulla

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/pensado-plagaro-deixa-a-gerpe-so-no-goberno-coristanques/ https://quepasanacosta.gal/novas-imputacions-axitan-mais-a-vida-xudicial-de-coristanco/

Comentarios