Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP propón que a Deputación colabore coa Xunta para paliar os danos dos incendios

O PP propón que a Deputación colabore coa Xunta para paliar os danos dos incendios
Incendio-en-Toba-Foto-Dario-Gomez Incendio en Toba rexistrado a pasada semana. Imaxe: Darío Gómez Pasada xa a vaga de incendios da semana pasada, o grupo popular acaba de anunciar que presentará no pleno da Deputación da Coruña unha iniciativa para propoñer que a institución provincial colabore coa Xunta e cos concellos nun plan de avaliación e posta en marcha de medidas que axuden a paliar os efectos dos lumes forestais rexistrados nas pasadas semanas e que afectaron a varias parroquias de máis dunha ducia de concellos coruñeses, entre eles os de Porto do Son, Ribeira Santiago de Compostela, Ames, Narón, A Laracha, Cee, Vimianzo, Fisterra, Rois, Cerceda eRianxo. Medidas A intención dos populares é que a Deputación asuma a súa coordinación coa Xunta de Galicia, coa colaboración dos concellos, para fixar tanto as medidas para a recuperación da superficie forestal queimada como para paliar os danos ás propiedades e ás actividades económicas directamente relacionadas cos diferentes sinistros ambientais que, en maior ou menor medida, supuxeron un deterioro das condicións naturais e mesmo económicas dunha importante extensión do territorio provincial. Deste xeito, segundo indican os populares, a Deputación contribuiría de forma efectiva na restitución dos danos producidos, "sumando o seu labor á que xa está a desenvolver o Goberno galego con destino ás persoas e lugares afectados polos lumes no conxunto de Galicia", sinalan.

Incendios forestais 2016

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios