Martes. 16.04.2024
El tiempo

O PSdG rexistra o recurso contencioso-administrativo contra a moción de censura de Coristanco

O PSdG rexistra o recurso contencioso-administrativo contra a moción de censura de Coristanco
Viñeta de Hermanager Humor sobre a moción de censura en Coristanco Viñeta de Hermanager Humor sobre a moción de censura en Coristanco

Mes e medio despois da esperpéntica moción de censura, e con Pensado Plágaro exercendo de novo de alcalde en funcións tralos dous accidentes sufridos polo alcalde, Abraham Gerpe, o PSdG fai efectivo o recurso contencioso-administrativo para botar abaixo a decisión do pleno de admitir a polémica moción, que quitaba a alcaldí a Amancio Lavandeira (TEGA), para outorgarlla ao propio ex portavos socialista, expulsado dous días antes da moción.

Os socialistas consideran que a expulsión de Gerpe desta formación política “foi clara e inequívoca, contou con todas as garantías legais e foi rexistrada en tempo e forma” no Concello de Coristanco, polo que debería terse aplicado a Lei Antitransfuguismo, evitando así que a moción de censura prosperase.

“O recurso da Executiva Provincial confirma que Abrahan Gerpe non representa ao PSdeG-PSOE e que operou á marxe do que ditaron os órganos superiores do partido e incluso a propia Agrupación Socialista de Coristanco, cuxa maioría estivo sempre en contra desta moción, que dende o noso punto de vista é ilegal”, afirmou o secretario xeral dos socialistas de Coristanco, que se mostrou confiado en que a xustiza lles dea a razón.

De paso, Aurelio Sánchez aproveitou para valorar negativamente estes primeiros meses do novo goberno local. “Non fixeron nada do que presuntamente xustificaba a moción de censura. Nin se recuperaron subvencións perdidas, nin se conseguiron novos investimentos, nin se reduciron as débedas cos provedores”, sostivo o secretario xeral socialista.

Artigos relacionados

A historia da moción de censura de Coristanco

Máis novas da política municipal de Coristanco

Máis novas

Fonte

Comentarios