![senda-nova-anllons-primavera-en-ruta]()
senda-nova-anllons-primavera-en-ruta
Acompañados polo
"Son do Anllóns" unhas cincuenta persoas participaban o pasado domingo na
primeira das saídas do programa Primavera en Ruta organizado pola asociación ambiental Senda Nova e que vai xa pola súa novena edición.
O río Anllóns demostrou a súa saúde e beleza grazas ás constantes choivas dos últimos meses. Ademais do ruxir do río, ao longo dos 23 quilómetros do percorrido tamén estivo moi presente a lama; un clásico neste tipo de roteiros. Durante a ruta, os camiñantes tiveron tempo para visitar o pazo do Souto, a igrexa de Santiago de Sísamo, os muíños de Ceide e de Verdes (que serviron de abrigo aos participantes no xantar), e a Pontedona. A capela de Santa Mariña ou as minas de ouro de Corcoesto foron un gran enclave para poder ver dende arriba o percorrido do Anllóns. E como punto final os participantes topáronse coa casa da Torre, a cal da torre xa non se aprecia nada da súa existencia só queda un escudo e unhas verbas indescifrables en latín, e xa na despedida e como fin atopámonos na igrexa de Corcoesto, igrexa barroca de gran beleza.
![rio-anllons-senda-nova]()
Unhas 50 persoas participaron na 1ª saída deste programa de rutas que percorre as comarcas de Bergantiños e Soneira
Ainda que son nove anos percorrendo esta ruta, os organizadores indican que segue soprendendo e ensinando aos participantes.
Nesta inciativa, organizada por Senda Nova, tamén participan Protección Civil de Carballo, os concellos de Carballo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Zas e Coristanto e os voluntarias e voluntarios da entidade.
Próxima cita
A próxima cita é este domingo, 22 de abril, que leva por título "A forza do río Chonia" e que discorrerá pola comarca de Ordes, en terras de Trazo. A ruta é duns 22 quilómetros de distancia.
Máis información e inscrición
A data límite de inscrición é 2 días antes de cada roteiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).