Luns. 28.09.2020
El tiempo

As obras da AG-55 obrigan a cortar un carril durante unha semana

Os traballos na AG-55 comezaban este luns
Os traballos na AG-55 comezaban este luns
As obras da AG-55 obrigan a cortar un carril durante unha semana

As obras de reforzo do firme da Ag-55 continúan en marcha, ata, en principio, o vindeiro día 18 de setembro. Unhas obras que farán necesarios cortes de carril desde hoxe e durante esta semana.

Destacan nesta actuación os traballos na área de peaxe de Bidueira, onde se cambiará o adoquinado por aglomerado para favorecer a comodidade dos usuarios.

O conxunto da actuación permitirá a rehabilitación superficial e reforzo estrutural localizado de once treitos da AG-55, nos dous sentidos, actuando en máis de 23 quilómetros. Actúase no tronco da AG-55, en sentido crecente, entre os puntos quilométricos 6+950 e 13.350 e, en sentido decrecente, entre os puntos 13.400 e 13.380. Tamén se realizan actuacións de fresado e reposición de firme nos ramais de Paiosaco, A Laracha, Carballo Este, Carballo Norte, e Carballo Oeste.

Ademais, inclúese nesta intervención a eliminación do chanzo da beiravía entre A Laracha e Carballo. Esta intervención implica actuacións nos tramos que se corresponden cos seguintes puntos quilométricos: 22+880 e 26+700, 28+140 e 28+480, 28+740 e3 3+270, 33+320 e 34+820, en sentido crecente. Esta mesma actuación realizarase en sentido decrecente nos seguintes puntos: 34+820 e 33+270, 33+320 e 28+180 e 26+700 e 22+800.
Os traballos na autoestrada A Coruña-Carballo complétanse coa substitución da lastra por aglomerado, antes e despois da estación de peaxe troncal de Bidueira (no punto quilométrico15+000, sentido decrecente).

Novas relacionadas

comentarios