Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Operación Pangono: Caravana de autocaravanas solidarias de Razo a Malawi

Operación Pangono: Caravana de autocaravanas solidarias de Razo a Malawi
Presentacion en Razo da Operacion Pangono Presentacion en Razo da campaña da ONG Operacion Pangono O ano pasado instalaban un sistema fotovoltaico nunha residencia para nenas de Malawi xestionada por unha congregación relixiosa. Este ano, a ONG Operación Pangono Pangono pretende ampliala. Farao no marco da II Ruta de Autocaravanas Nómadas Solidarias, que sairá o día 25 de Carballo para volver a levar axuda humanitaria a Malawi. A campaña conta coa colaboración de profesorado de FP, da empresa carballesa Nómadas Motorhome e do Concello de Carballo. A visita tratará de solucionar os problemas de abastecemento de electricidade que sofre a comunidade, coa Ricardo Baamonde, responsable da ONG, contactou a través dunha relixiosa de Ponteceso que promoveu a creación da residencia xa hai anos, e que está a desenvolver un labor impagable tanto desde o punto de vista educativo, coma sanitario e mesmo social, tratando de visibilizar á muller a través da súa integración laboral. A II Ruta de Autocaravanas Nómadas ten como finalidade conseguir os fondos necesarios para financiar a adquisición do material para o sistema fotovoltaico. “Todo o que conseguimos é para o material, e con axuda de empresas, familiares, amigos e colaboradores conseguimos facer instalacións moi sinxelas, pero que para eles teñen un valor incalculable”, explicou Ricardo Baamonde. A axuda vai chegando “pouco a pouco”, que vén sendo o significado de “pangono pangono”. Polo momento hai 10 autocaravanas inscritas. Este ano a ruta durará un día máis. Arrancará o 25 de maio de Carballo e rematará o 27 en Balarés (Ponteceso), despois de pasar por Muros. As persoas interesadas están aínda a tempo de anotarse. Na ligazón inferior atoparás máis información sobre o proxecto e os datos de contacto. https://quepasanacosta.gal/nomadas-solidaris-chegan-a-costa-para-levar-a-luz-a-malawi/

Fonte

  • Carballo.

Comentarios