Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os 2 GAC das Costa unen as súas forzas

Os 2 GAC das Costa unen as súas forzas
Dende a súa creación separando a Costa da Morte, se puxo en dúbida a operatividade. Pero semella que a partir de agora van traballar na mesma liña. I é que os grupos de acción Costeira Costa da Morte, zona 3 e Seo de Fisterra - Ría Muros- Noia, zona 4, desenvolverán actividades conxuntas e complementarias a desenvolver en ambos os territorios. Para valorar as distintas posibilidades que ofrecen os seus respectivos plans estratéxicos celebrásense distintas reunións e encontros entre os presidentes e persoal dos equipos técnicos. A primeira destas citas terá lugar hoxe venres en Corcubión. O obxectivo principal destes contactos e reunións é o de pór en común as potencialidades dos territorios, aproveitar as actuacións realizadas e cooperar en aspectos de promoción e valorización dos recursos, servizos e produtos existentes na zona.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa dos Gac da Costa da Morte.

Comentarios