Os Bombeiros de Carballo excarcelan dous feridos tras un accidente na AG-55
18:26 27/06/18
Corrían as 14:30h da tarde deste mércores 27 de xuño cando un coche sufría un accidente na autoestrada AG-55, no punto quilométrico 23.500 en dirección A Coruña. O vehículo quedaba volcado sobre a estrada, no que quedaron atrapadas dúas persoas, mentres que a terceira, que viaxaba no asento de atrás, puidera saír.
Ao lugar acodiron Garda Civil, 061 e os Bombeiros, que procederon a estabilizar o coche, estabilizar os ocupantes do vehículo e en excarcelalos, cortando o teito e retirando. Con axuda dos sanitarios do 061 sacáronse do coche para metelos na ambulancia para posteriormente trasladados o CHUAC da Coruña.