Os fogóns de Canal Cocina trasládanse á Costa da Morte
08:08 13/06/18
O programa, que se emitirá dentro do espazo "Fogones Tradicionales" gravouse en Casa Trillo de Muxía
Baixo o título "Fogones na Costa da Morte" a recoñecida canle televisiva sobre gastronomía "Canal Cocina" emitirá proximamente dentro do seu programa "Fogones Tradicionales" as comidas cociñadas na lareira a base de brasa.
As gravacións realizaronse na Casa de Trillo, en Muxía. O realizador, Eugenio Monesma, adicou unha xornada a este tipo de cociña tan típico na nosa tradición. Un total de cinco cociñeiras elaboraron dez pratos diferentes. O broche final púxoo unha quiemada con lectura do conxuro incluida ademais da nosa música e baile tradicionais.
Como presentación do programa, emitiranse imaxes do santuario da Barca de Muxía ademais doutros espazos da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Unhas cen persoas participan no VII Encontro na Casa de Trillo
- A Casa de Trillo acolle un novo Encontro sobre o medio rural
- Redacción QPC ([email protected])
- Casa Trillo