martes. 03.06.2025
El tiempo

Os premiados da FECOM

Os premiados da FECOM
Esta semana celébrase a III Xuntanza Empresarial da Costa da Morte, que organiza a FECOM. E A Xunta Directiva da Federación de Empresarios Costa da Morte na última reunión, deu a coñecer os galardoados da III Xuntanza Empresarial. Son dez os distinguidos locais, un empresario elixido por cada unha das asociación da zona, máis dous comarcais, estes últimos elixidos por unanimidade en Xunta Directiva.

Premiados comarcais

Por outra banda, os premiados comarcais elixidos pola Federación de Empresarios Costa da Morte pertencente as comarcas de Bergantiños , Soneira, Fisterra e Xallas son:
  • Industrias Cerdeimar S. A. polos seus 125 anos no mundo empresarial e os seus proxectos de expansión de futuro na Comarca.
  • Asociación Integro para a Diversidade funcional nas Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra polo seu traballo a favor da inclusión e da dignidade das persoas con diversidade funcional (discapacidade).

premiados locais

Os premiados son os seguintes:
  • A Asociación de Empresarios de Malpica a Eugenio Bastón pola súa traxectoria empresarial coa empresa Forjados El Progreso S.A.
  • A Asociación de Empresarios de Dumbría a Manolo Senra de Senra Sport, S.L. por ser un empresario coñecido a nivel nacional, non só por ter un concesionario PEUGEOT, senón tamén por ser un piloto de rallys recoñecido en España e por ser campión galego en varias temporadas.
  • A Asociación de Empresarios de Cee a José Manuel Blanco de Vinos Guimareu, S.L. pola súa traxectoria no sector da distribución en productos da hostalería e pola formación ofrecida en cursos de cociña.
  • A Asociación de Empresarios de Santa Comba a Embalajes Xallas pola súa traxectoria empresarial e pola innovación no sector da embalaxe.
  • A Asociación de Empresarios de Vimianzo, ASEMVI, a Auto Reparación Vidal (AR Vidal) por ser un dos mellores talleres de reparación dos vehículos de competición a nivel nacional.
  • A Asociación de Empresarios de Ponteceso outorga o premio á empresa Electrificaciones Mariño, pola súa traxectoria de crecemento e polo seu desenvolvemento de proxectos a nivel nacional.
  • A Asociación de Empresarios de Fisterra premia a Galerías Pérez pola súa oferta en diversidade de produtos.
  • A Asociación do Automóbil de Baio premia á Imprenta San Cristobal pola súa traxectoria empresarial e no deseño da revista do sector do automóbil.
  • A Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ó físico zaense Jorge Mira, pola súa labor como embaixador da nosa Terra, achegando ós premios Nobel á Costa da Morte.
  • A Asociación de Empresarios de Camariñas a Talleres Hermanos Vigo Tajes, pola súa antiguedade, pola influencia que ten no concello e polos servizos prestados ó mesmo, atendendo as súas necesidades no momento preciso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da FECOM.

Comentarios