![couso-coristanco]()
Despois de moito tempo loitando por ela, por fin os veciños da parroquia de
Couso, no
concello de Coristanco, contarán cun novo espazo público. Na contorna do complexo parroquial acondicionouse, fai algún tempo, unha explanada de máis de 1000 metros cadrados grazas a unha concesión realizada pola Igrexa. Este entorno veráse ampliado despois do acordo de colaboración entre a
Asociación de Veciños e o concello coristanqués que permitirá unha nova praza de
723,38 metros cadrados e unha zona de aparcamento para
579 coches.
Os veciños de Couso adquiriron unha finca máis e o concello foi o encargado de elaborar o proxecto e de conseguir o financiamento necesario para levalo a cabo. Actualmente, a obra está en fase de contratación e o seu orzamento é de
49.850 euros. Das arcas municipais destinaráse un 25% e o 75% restantes corresponde a unha subvención da Vicepresidencia da Xunta con cargo aos Fondos Feder 2014, segundo explicou Juan García, concelleiro de Obras.
Desmonte
A actuación na zona de aparcamento consistirá no desmonte do terreo e o acondicionamento do mesmo. Para facilitar a comunicación entre a zona de estacionamento e a praza, que estará dotada co mobiliario urbano necesario, garantirase a seguridade peonil con beirarrúas e un paso de peóns.