Martes. 25.01.2022
El tiempo

Outro edificio municipal, sen uso

Outro edificio municipal, sen uso
Edificio administrativo sen uso en Coristanco

Un clásico da realidade galega. Levantamos un gran edificio e logo xa pensaremos que facer con el. Pero o importante parece ser a inauguración e as fotos cortando a cinta. Non hai moito, TeGa Coristanco denunciaba o abandono da Reitoral de Silván, despois de empregar 250.000 na súa rehabilitación. Pode ser un caso semellante a do edificio administrativo levantado diante do Concello de Coristanco, e que está practicamente inutilizado.

O edificio construido no solar da antiga cámara agraria só o emprega de forma regular unha asociación de veciños de Traba, e “o resto do tempo non se aproveita prácticamente para nada”, denuncia TeGa.

Os responsables de Terra Galega de Coristanco xa puxeran de manifesto no seu momento, “as irregularidades que houbera no derribo das instalacións da antiga cámara agraria, xa que entre o presupostado e o que realmente se pagou por esas obras multiplicouse por 4, pasando dos 6.000 € aos 26.000 € que se pagaron finalmente”, denuncia.

O actual edificio foi construido en 3 fases, invertíndose a cantidade de máis de 500.000 €, sen ter en conta o equipamento, indica TeGa.

Os responsables de TeGa “propuxémoslle ao alcalde diferentes usos así como aproveitamentos que se poderían levar a cabo, pero a negativa do alcalde fixo que ningunha desas propostas sairan adiante”, critican.

Novas relacionadas

Fonte

  • TeGa.

comentarios