Venres. 19.04.2024
El tiempo

TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco

TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco
Antonio Pensado alcalde Coristanco

Continúa o proceso xudicial en Coristanco aberto. A semana pasada declaraba durante 7 horas o alcalde Antonio Pensado no Xulgado de Carballo, e hoxe o grupo da oposición TeGa levanta a voz para seguir esixindo a dimisión dos imputados, e dar un paso adiante: vanse “persoar nas dilixencias previas que se están levando a cabo no Xulgado de Instrucción nº 1 de Carballo, para esclarecer a verdade sobre os feitos investigados e que os veciños de Coristanco poidan coñecer a realidade sobre a xestión do goberno municipal”. De feito, xa enviaron un escrito con todos estes argumentos:

Consideran “gravísimos os acontecementos que están tendo lugar no Concello de Coristanco”, e aseguran ter que “dar un paso adiante e emprender accións máis contudentes ante a ocultación e manipulación da información de que son obxecto os veciños”. I é que “prevaricación, tráfico de influencias, malversación de fondos públicos e fraude son as graves imputacións que pesan sobre o alcalde e 5 concelleiros do grupo de goberno municipal, e 3 concelleiros da lexislatura anterior”.

”Imputacións”, lembran, “directamente relacionadas coa xestión municipal, polo que calquera veciño de Coristanco está directamente afectado polos feitos e ten dereito a estar informado sobre eles”.

Ademais, dende grupo opositor denuncian o “silencio e opacidade por parte do grupo de goberno”, como acontecía no pleno do 24 de xullo no que “o alcalde eludiu todas as preguntas sobre o tema contestando con evasivas e sen dar ningunha explicación”. Denuncia tamén “manipulación da información”, criticando que “o alcalde intentou reducir o caso a un problema entre dúas empresas”, cando para TeGa, “en realidade, ese problema entre dúas empresas foi só o detonante que destapou, mediante o rexistro que se levou a cabo no concello, indicios dabondo sobre as serias irregularidades na xestión municipal”. Dous puntos que levan ao Concello á “negativa a aplicar a Lei de Transparencia”.

TeGa valora a “gravidade dos feitos investigados” ao que hai que sumarlle a “situación económica do Concello, cunha débeda acumulada de 2 millóns de euros e un estricto plan de axuste a 10 anos para amortizala”, pagando “en Coristanco pagamos os impostos máis altos da comarca”.

Máis información

Novas de Coristanco

Fonte

Comentarios