Xoves. 22.08.2019
El tiempo

Paralizadas as obras da planta de de residuos industriais da Furoca

Paralizadas as obras da planta de de residuos industriais da Furoca
Paralizadas as obras da Planta de residuos industrais de Gesmaga na Furoca-Coristanco Paralizadas as obras da Planta de residuos industrais de Gesmaga na Furoca-Coristanco

Parece que a mobilización social volveu servir para paralizar un proxecto polémico. Falamos da planta de residous industrais que estaba a promover a empresa de GESMAGA na Furoca, na parroquia de San Paio, en Coristanco. Un proxecto que mesmo provocou a creación da Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco, entidade que hoxe explica con rotunda alegría a nova ordenanza que o Concello coristanqués vai aprobar no seguinte pleno sobre a obra.

Unha ordenanza que provocará a paralización inmediata das obras e das actividades da planta, na que o Concello lle traslada á empresa o expediente de reposición da legalidade urbanística e os informes e as actuacións realizadas ao Xulgado de Instrución nº1 de Carballo. De feito, a plataforma vincula estas obras ás dilixencias previas abertas da chamada Operación Pataca, nunha resolución que se basea na Lei do Solo de 2016 de acordo co artigo 152.

Así, tras 7 meses de loita, a Plataforma na defensa da Terra de Coristanco quere “mostrar a súa satisfacción por esta Resolución do Concello e felicita ao mesmo, xa que por primeira vez nos últimos 26 anos na historia de Coristanco conseguiuse pola presión social pór freo a prácticas presuntamente ilegais e pararlles os pés aos responsábeis desta empresa que actuaron en todo este tempo ao amparo da arbitrariedade dos anteriores equipos de goberno do Partido Popular”.

Igualmente, son “conscientes de que obviamente a empresa vai alegar e cando proceda recorrer, mais esperamos que o concello sexa quen de manter a reposición da legalidade en aras do interese xeral da veciñanza e que os organismos xudiciais amparen os lexítimos intereses da veciñanza de Coristanco”.

O alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, prefire non facer declaracións ao respecto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios