venres. 24.01.2025
El tiempo

Un paso máis educa na inclusión polas escolas da comarca

 

 

Un paso mais na escola nas
Un paso máis educa na inclusión polas escolas da comarca

Mentres espera pola xornada de cine inclusivo do 14 de decembro, a asociación Un Paso Máis, achegouse o pasdo venres ao CEIP Plurilingüe A Gándara - Sofán co seu habitual circuíto de deporte adaptado e inclusivo. Durante toda a mañá, o alumnado do colexio gozou no pavillón de deportes de varias actividades deportivo-educativas.

Unhas actividades para rir, divertirse e aprender o que é vivir con diversidade, fundamentais para avanzar no camiño de educar na inclusión. 

Un paso mais na escola

Esta visita ao CEIP A Gándara - Sofán, igual que o curso pasado, será o punto de partida dunha serie de actividades que continuarán nos próximos días, estando este ano por primeira vez en centros do Val do Dubra, Laxe e A Laracha:

  • Luns 2 de decembro: CPI de Bembibre.
  • Martes 3 de decembro: CRA: todas as escolas unitarias de Carballo na praza do Concello (1ª planta do mercado municipal en caso de choiva).
  • Mércores 4 de decembro: CEIP Plurilingüe Nétoma - Razo.
  • Xoves 5 de decembro: CEIP Xesús San Luís Romero.
  • Xa están tamén comprometidas datas para abril cos seguintes colexios: CEIP A Cristina, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, e CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe.

 

O ano pasado só en centros do Concello de Carballo, e participaron nas actividades máis de 1500 escolares.  

Máis novas

 

Comentarios