Luns. 30.11.2020
El tiempo

Que pensan facer, a día de hoxe, os festivais da Costa da Morte?

Herdeiros da Crus no Festival Castelo Rock
Herdeiros da Crus no Festival Castelo Rock
Que pensan facer, a día de hoxe, os festivais da Costa da Morte?

O 25 aniversario Asalto ao Castelo posposto para 2021, o Rockin’Carballo suspendido no marco das Festas de San Xoán; a Festa do Percebe anulada… A situación das festas e dos festivais da comarca está no aire.

A incerteza é máxima nestas datas a falta dun criterio por parte do goberno central, e a meirande parte dos festivais da zona están á espera de instrucións sobre a posible celebración de festivais ao aire libre.

A nivel galego, non vai haber practicamente ningún festival en verán, unha vez que os grandes aprazaron para 2021, e os algúns dos pequenos están comezando a mover datas para último trimestre.
A nivel estatal pasa algo semellante. Os grandes festivais de maio pospoñeron a setembro, e os de xuño/xullo están esperando ás ordes do goberno, se ben é posible que todos aprazasen ata 2021 como veñen de facer en Portugal.

Cómpre resaltar que a realidade dos festivais son diferentes, pois os da Costa da Morte están feitos por asociacións, non por grandes produtoras, polo que os intereses económicos que hai por detrás dos grandes trasaltánticos da música masificada non se sofren na comarca.

En calquera caso, facemos un repaso polo estado de cada un:

Fisterra Blues Experience

Un dos que primeiro soen saír á pista é o Fisterra Blues Experience. Estaba previsto para xuño, e o Concello está estudando adialo para a segunda quincena de setembro, dependendo as recomendación sanitarias e do estado da hostalería. En todo caso, están agotando prazos, falando coa produtora e combinando co director do festival para tomar calquera decisión.

Castelo Rock

Xa tiña data (24-25 xullo) e mesmo boa parte das bandas anunciadas o festival muradán, organizado por unha Asociación sen ánimo de lucro como é a ACDR Praia do Castelo. Polo que a cousa está complicada. “A día de hoxe xa que estamos a espera de que o goberno se pronuncie ao respecto. Pola nosa parte non temos nada decidido de xeito oficial, pero a día de hoxe levar a cabo o festival non seria viable xa que a nosa financiación maioritariamente provén dos comercios do pobo e a día de hoxe o futuro e incerto”, explican dende a organización, que barallan o aprazamento para o 2021 como opción máis probable.

Festival das Carrilanas de Esteiro

Moito máis que un Festival hai detrás das Carrilanas de Esteiro. E xa tiñan todo en marcha coas bandas e as datas (16-17-18 de xullo) perfiladas, pois a estas alturas xa comezan a preparar a edición seguinte o último día da presente.

”A día de hoxe non se sabe absolutamente nada de xeito oficial, pero nas reunións mantidas co Concello de Muros e co que nos contan os profesionais do sector que traballan con nós, practicamente hai nulas esperanzas que se celebre un Gran Prix con 20.000 persoas por día e un festival con máis de 4.000 por día. Como a maioría de festivais, estamos esperando que teñamos información oficial para ver que alternativas reales hai, se aprazamento, suspensión ou celebración parcial de algunhas actividades. Hai contratos con artistas e patrocinadores así como acordos con empresas, que non se poden romper de forma unilateral”, explican dende a familia esteirá.

Carballeira de Zas

Estaba previsto que tivera lugar a 37ª edición se celebrase o 31 dde xullo e 1 de agosto. Pero non se sabe se van poder celebrar a calificación de Festa de Interese Turístico. Polo de agora a organizadora Asociación Cultural Castro-Meda mantén reunións periódicas co concello pero non ten tomada ningunha decisión.

Comarea Experience

Unha das revelacións destes últimos veráns, e un dos máis noviños, é o festival muxián lanzado por un grupo de [email protected] do lugar. Unha xente que está “esperando que o goberno se manifeste, e decrete unhas medidas para festivais ao aire libre. Xa tiñamos contratacións feitas, pero temos todo bloqueado, tendo en conta de que un festival como o Comarea non ten sentido facelo en outono ou inverno”, explican.

Festa Folk da Fin do Camiño

Ao ser a final de agosto, a Asociación Anchoa ata xuño non vai tomar decisión.

Xiria Pop

O último dos festivais do ano na comarca é o Xiria Pop. En principio van manter a mesma data (segunda fin de semana de setembro), tendo en conta que este ano está formulado con grupos estatais (non tanto internacional), pero conscientes de estar “coa soga ao pescozo”. “Intentar imos intentalo de todos os xeitos, se din que non se pode, iremos intentando retrasalo”, explican.
Este ano ademais A idea da organización é que este ano cambie de ubicación, e facelo no Casino1889.

Novas relacionadas

comentarios