Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Percebe, a primeira gran festa cancelada para este verán

Unha escea típica da Festa do Percebe do Roncudo
O Percebe, a primeira gran festa cancelada para este verán

A rolda de cancelacións de eventos deste verán parece comezar. A primeira que coñecemos é a Festa do Percebe do Roncudo, unha das 11 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte (despois da última aprobación, a Festa da Carballeira). A Asociación de Promoción do Percebe do Roncudo anunciaba onte polas redes que queda suspendida a cita prevista para este vindeiro 11 de xullo, a que sería a 28 edición.

En todo caso, dende a organización deixan as portas abertas a poder celebrala durante o outono ou facer algo no inverno.

Pero é que son moitas as razóns que obrigan á entidade a suspender a edición na data prevista. Entre elas xa habería que estar traballando nos pratos de olería e no envasado do viño.  Ademais en Corme o percebe está pechado ao non ter demanda e vai estar así ata que non reabra a a hostalería e o turismo. E se cadra non hai percebeiros abondos para conseguir todo o percebe necesario para a festa.

Por outro lado está o tema sanitario e a incerteza ante a permisividade desta clase de eventos multitudinarios durante o verán. "Queremos que cando se faga garantamos a saúde da xente", explican.

Novas relacionadas

Comentarios