Venres. 29.03.2024
El tiempo

O San Xoán de Carballo non se poderá celebrar

O ROcking Carballo-Foto-OTI
Imaxe dun pasado Rocking Carballo-Foto-OTI
O San Xoán de Carballo non se poderá celebrar

Estamos pendentes de todas esas festas, eses festivais, esas citas ineludibles de cada verán. Como o San Xoán, que despois de coñecer a chamada “desescalada” do goberno central, non poderá celebrarse. “As limitacións establecidas nas Fases de transición cara unha nova normalidade que vén de facer públicas o Goberno do Estado son incompatibles co formato tradicional das nosas festas, entenden dende a capital bergantiñá, tanto o alcalde Evencio Ferrero, como a concelleira de Festas, Maruxa Suárez.

”Aínda que a Semana Grande de Carballo coincidirá coa última fase do plan de desescalada establecido polo Goberno do Estado, as restricións son aínda demasiado importantes. Por exemplo, nos espectáculos ao aire libre non poderán participar máis de 800 persoas, que terán que estar sentadas e mantendo as distancias de seguridade necesarias”. En xeral nas prazas establécese un aforo de unha persoa por cada 9 metros cadrados. E nos actos en espazos pechados, como o Pazo da Cultura, por exemplo, non se poderán superar os 80 espectadores ou un terzo do aforo”.
”As limitacións tamén afectan ao sector da hostalaría, que é un dos máis beneficiados polas festas, xa que os locais non poderán superar a metade da súa capacidade, nas terrazas tampouco poderán superar a proporción do 50% entre mesas e superficie, e os bares nocturnos e discotecas poderán ter un aforo máximo de 1/3”.

“Polo ben de todos e todas, porque a saúde debe ser o primeiro, este ano, e por primeira vez, polo menos na historia recente, Carballo non poderá celebrar as súas festas. Pero a vida segue e haberá outros San Xoán, e para todos os que veñan agardo seguir contando con vós”, sinalou Maruxa Suárez.

En todo caso, a organización intentará ofrecer algunha actividade.

Novas relacionadas

Comentarios