Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte
De Malpica a Fisterra a pé. Por fin alguén, e desta volta vai en serio non como algunha pantasma Ruta Costa da Morte, anímase a recoller os milleiros de rutas ben sinalizadas e unilas nun só roteiro de sendeirismo. E o responsable non é outro que Traski, o Trasno da Costa da Morte que a través da Guía Costa da Morte quere amosarnos o inesquecible Camiño dos Faros.
Un camiño que nos leva por pequenos sendeiros, pegados ao mar, mentres se pode pero tamén con algún paseo fluvial, dende Malpica ata o Cabo Fisterra, percorrendo ducias de Recunchos da Costa. E se empalmamos a ruta coa proposta de Muros a Fisterra que nos brinda Hermes e Mercurio, xa temos a Costa vertebrada a base de pequenos camiños.
Polo de pronto a ruta non está fisicamente sinalizada pero xa podes descargala ruta no Wikiloc ou no Google Maps e seguila co teu smartphone.
Dar a coñecer o tesouro natural da Costa da Morte
O que ten O Camiño dos Faros de especial e que un único camiño de senderismo que une Malpica con Fisterra pola beiramar. Son 180 kilómetros que conectan todas esas rutas existentes e ademais danlle un sentido, dividindo o camiño por etapas diarias que se poden facer ben andando.
"A nosa única pretensión é dar a coñecer esa posibilidad que existe", explícanos o propio Traski, que representa a un grupo de media ducia de persoas, amantes do sendeirismo e da nosa bisbarra. "Un Camiño dos Faros que recorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ó mar e cara ó leste. Faros, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, estuarios cun sinfín de aves, mares de granito, castros, dólmenes, vilas mariñeiras, miradores al mar que rompe de todas las formas posibles, postas de sol ... En resumen, unha ruta de senderismo como poucas e que levará ó camiñante a un mundo de sensacións únicas que só se poden disfrutar nesta Costa da Morte".
Unha ruta sen estación
Un Camiño dos Faros que podería dinamizar A Costa da Morte en tódalas épocas do ano, nunha clara aposta pola desestacionalización do turismo costeiro, un dos grandes cabalos de batalla do sector hostaleiro. "Nós o fixemos en inverno e case podemos asegurar que é a mellor época. A sensación de baixar pola duna de Monte Branco á Praia do Trece un día de inverno con sol e vento é única. A forza do mar, os miles de ríos que baixan cheos, praias desertas... o inverno ten moitos días perfectos para andar pola costa".
Ademáis de todo isto, O Camiño dos Faros ten dous aspectos a favor que debería aproveitar. Por unha parte, o senderismo está en aumento. É un turismo saudable, económico e que permite visitar lugares que de outras maneiras sería imposible chegar.
E por outra, hai que aproveitar todo o peregrinaxe que chega a Fisterra-Muxía. Non temos que ir buscalos fora, xa veñen de países lonxanos e quedan abraiados ó ver o mar, as nosas vilas e a nosa xente. Estos peregrinos hai que coidalos, hai que mimalos como se foran da nosa familia e mostrarlle toda A Costa da Morte. E que mellor maneira de mostrarlle a nosa costa que propoñéndolle o que a eles lles gusta: senderismo polo Camiño dos Faros. Esos ciudadanos de tódalas nacionalidades serán a nosa mellor ferramenta de marketing.
Máis información
Novas relacionadas
- De Muros a Fisterra.
- Sae á rúa a guía da Ruta Costa da Morte.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- Unha ruta “galitaniana” por todo o litoral da Costa da Morte.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
- Por un litoral adaptado na Selaguía de Malpica.
- A bitácora da semana (CXLV): Camiños da Fin da Terra – Sendeirismo na Costa da Morte.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).