Peregrinar para reclamar pediatras e matronas na atención primaria
Este domingo 14 de novembro, hai manifestación a nivel nacional en Santiago. A Plataforma SOS Sanidade Pública volve saír á rúa na defensa da Sanidade Pública Galega, poñendo o foco na catastrófica situación da Atención Primaria, o primeiro chanzo, o máis cercano á cidadanía do noso sistema.
Non faltarán as familias da comarca que forman parte da Asociación Pediatras e Matronas XA, entidade que continúa reclamando para que se acabe coa precariedade dos servizos de pediatría e matronería nos centros de Atención Primaria. ”Este deficitario modelo do Sergas exténdese por toda Galicia, oscilando entre centros sobrecargados e centros desatendidos”, sinalan.
Para visibilizar a situación, preparan unha “peregrinación simbólica” desde a Costa da Morte ata Compostela, para unirse o domingo á manifestación. Nesta ocasión a caravana peregrino-reivindicativa sae desde a Costa da Morte, un dos territorios máis afectados, “nos que xa se peregrina a diario na procura dunha atención primaria de pediatras e matronas”. Unha situación perfectamente extrapolable a toda a Galicia rural, onde “os pediatras escasean e habitualmente son sustituidos/as por facultativos que, como moito, teñen un curso de puericultura”.
Dende a Plataforma reiteran as clásicas e evidentes demandas ante un goberno autonómico que non cumpre coas necesidades. “É habitual que non se cubran baixas, vacacions ou permisos, e o Sergas opta por deixar sin servizo ós centros de saúde e derivar a outros centros que acaban colapsados, ou mesmo ás urxencias hospitalarias. Asimesmo, as matronas en primaria escasean, nalguns centros non existen, si o fan é con horario reducido ou con axendas saturadas”.
Novas relacionadas
- Novembro 21: O Sergas recolle as queixas das familias e asegura que Camariñas recuperará o pediatra “nos próximos días”.
- Cando rir é un acto revolucionario.
- Outubro 21: Outro xoves de protesta ás portas do Centro de Saúde pola Atención Primaria.
- Alicia Barreiro, médica de Baio: Carta de amor e de protesta.
- Alicia Barreiro, médica de Baio: Reflexións dende un consultorio de Atención Primaria (I).
- Xarda analiza a crúa realidade da sanidade pública con voces costeiras.
- Faladoiro sobre Atención Primaria: “As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Abril 21: As familias da Costa mobilizáronse pola recuperación da Sanidade Pública.
- Abril 2021: Un himno na loita por un servizo de pediatría digno.