Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A familia de DisCamino disfrutaron da Costa da Morte

DisCamino en Muxia
A familia de DisCamino disfrutaron da Costa da Morte

Esta fin de semana a Costa da Morte tivo unha visita moi especial. Pasou, a verdade, algo desapercibida pola falta de atención das corporacións, pero ben tería merecido algún recibimento oficial. Un grupo de peregrinos singulares chegaron ata a fin da terra. Foron os membros do colectivo DisCamino, chegados dende Vigo, armados coas súas handbikes e unha vontade absolutamente incontable.

Saían dende Santiago a comezo da Semana Santa e percorrían o Camiño de Santiago ata Fisterra e Muxía cunha forza e unha ilusión envexable. “O ambiente creado por Discamino é absorvedor. Con todos cos seus condicionantes físicos, e as diferentes mobilidade de cada un, hai un nexo de unión moi importante: a forza do grupo”, explica Julio Villaraliz.
Xa levan moitos anos percorrendo rutas en grupo, cun grupo de xente con diversidade funcional nas súas cadeiras especiais (handbikes), outro de apoio que axuda cargando e empuxando cando é necesario, e mesmo un grupo de intendentes que van nunha furgo de reforzo (por se hai lesionados…) e que ademais van preparando o campamento, a cea, as colchonetas… Forman unha gran familia.

Grupo de Discamino na Costa da Morte

Este Camiño ademais contaron con novas incorporacións como a de Izan de 9 anos e a súa familia, ou unha chica de Cangas. “Todos vivimos unha experiencia tremenda, todos a unha”, resume Julio, lembrando que esta experiencia foi dedicada a Silvi (Silvia Rey), a alma máter de Discamino que non puido asistir por problemas de saúde pero que estaba en cada kilómetro. Cada parada, cada foto, había unha mensaxe para ela.

De Santiago a Negreira, pasando unha tardiña ao sol e unha noite no pavillón; de Negreira a Mazaricos, pernoctando tamén no pavillón municipal con algo de frío. Melloraban os días e o día de Mazaricos a Corcubión foi completo. Quedáronse con varias cousas: por un lado, o mal que queda a fábrica de Brens cando por fin ves o mar dende os montes de San pedro Mártir; pero polo outro, a fermosa fervenza do Ézaro, á que foron pola tarde aproveitando as horiñas de sol, antes de durmir de novo no pavillón.

Julio Villaraliz e Kuka Sar a dereita  con DisCamino por Fisterra
Julio Villaraliz, á esquerda, e Kuka Sar, á dereita, facendo o Camiño por Fisterra con DisCamino

A chegada á Fisterra foi especial, escoltados dende a saída de Corcubión por Kuka Sar. O Teniente Alcalde fisterrán quedou mallado trala camiñada, e foi o último en chegar ao km.0, pero tanto el como os peregrinos quedaron satisfeitos da xornada. Ese día quedaron alucinados con todo o que move a Semana Santa fisterrá, e algún mesmo aproveitou para baixar a darse uns bailes coa Panorama, antes de ir durmir ao albergue conseguido polo concello fisterrán.

Quedaba aínda a etapa de Fisterra a Muxía, a onde chegaron pola tarde, xa sen tempo para nada, pois colleron as furgos e se volveron para Santiago e Vigo.

Dende a entidade agradecen a colaboración de todos os Concellos costeiros onde percnoctaron.

DisCamino facendo o camino pola Costa da Morte

Comentarios