luns. 17.03.2025
El tiempo

O persoal sanitario concentraranse este venres nos Centros de Saúde da Costa da Morte en apoio aos compañeiros agredidos

concentracion sanitarios agresions
concentracion sanitarios agresions
O persoal sanitario concentraranse este venres nos Centros de Saúde da Costa da Morte en apoio aos compañeiros agredidos

Segue reaccionando o colectivo sanitario á agresión vivida este pasado luns na área de Urxencias no CHUAC, pero tamén a agresión acontecida no Centro de Saúde de Muxía. O martes xa se desenvolveron concentracións no propio CHUAC e tamén no Hospital Virxe da Xunqueira, este xoves celebraron outra potente mobilización no mesmo CHUAC, e este venres 7 de febreiro os propios profesionais sanitarios convocan novas concentracións en apoio aos compañeiros agredidos e outros profesionais que sofren actos de violencia.

Unhas concentracións que se desenvolverán ás 12:00h diante dos Centros de Saúde de toda a Costa da Morte que servirán para esixir a revisión de todos os protolocos de seguridade dos centros sanitarios.

Comentarios