Unha muller detida por agredir ao pediatra do seu fillo no Centro de Saúde de Muxía

No marco das mobilizacións que se están a realizar polo colectivo sanitario (este xoves houbo manifestación no CHUAC e este venres volven concentrarse diante nos Centros de Saúde) temos que falar dun desagradable suceso precisamente nun Centro de Saúde.
Este pasado luns, o mesmo día que acontencía a agresión a un enfermeiro e un garda de seguridade no CHUAC, unha muller agrediu ao pediatra do seu fillo e lle rompiu as gafas por non facilitarlle os datos do seu primoxénito. Posteriormente agredeu á auxiliar de enfermería que acodíu na axuda.
O Centro avisou a Garda Civil, que se personou e detivo á agresora, denunciada por un suposto delito de atentado contra a autoridade. A detida tivo que ser trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira polo "estado nervioso" que presentaba, e de aí foi derivada ao CHUAC para a súa valoración.