Luns. 24.06.2019
El tiempo

Piden 16 anos de prisión por abuso sexual a unha menor con diversidade

Imaxe dos Xulgados de Corcubión
Imaxe dos Xulgados de Corcubión
Piden 16 anos de prisión por abuso sexual a unha menor con diversidade
Piden 16 anos de prisión por abuso sexual a unha menor con diversidade

O xuízo tivo que ser suspendido o pasado mes de maio por non atopar ao acusado, pero a Fiscalía vén de pedir a nova apertura do Xuízo Oral. A situación remóntase a abril de 2016, cando o acusado, nun concello do Partido Xudicial de Corcubión, comezou a contactar con unha menor, con diversidade intelectual, por las redes sociais e o whastapp. O home utilizaba “términos obscenos que a nena non entendía, e facéndolle crer que ía ser o seu noivo, que se casaría con ela e que lle faría agasallos, con evidente ánimo lidibinoso, tras enviarlle fotos da súa pene e outros vídeos cuxo contido non puido determinarse, pediulle que lle enviase fotos espida, das súas partes e insistiulle moito en que quería que se gravase a si mesma e logo enviáselle un vídeo de contido sexual”, explica o auto da fiscalía.

”A menor, dada a súa idade e o déficit de capacidade que tiña, accedeu ao anterior e envioulle fotos espida e vídeos de contido sexual e ademais tratou de ter encontros físicos con ela en polo menos catro ocasiones, con clara intencionalidade sexual, aínda que só hai constancia de que se citou e viu á menor tres veces, sen que se puido acreditar que durante estes encontros houbo algunha actuación de contido sexual por parte do inculpado sobre a menor“, apunta.

En todo caso, o acusado publuco unha foto que lle enviara a menor espida de cintura para arriba en Facebook, sen o seu consentimento, se ben posteriormente a eliminou. Pouco despois a moza decidiu non ter máis contacto con el e o acusado, en vinganza, decidiu enviarlle varias fotos e un vídeo de contido sexual por whastapp a varias persoas. Unha situación que, segundo a Fiscalía, “non provocou secuelas psicolóxicas dado o grado de madurez da rapaza”.

Así, a Fiscalía da Audiencia Provincial da Coruña fai unha forte petición e pide:

  • 2 anos de prisión polo delito de abuso sexual sobre menores de 16 anos na modalidade de contacto virtual con proposta de achegamento; a prohibición de achegarse a menos de 300 metros por un período de 5 anos;
  • 16 anos, 7 anos e 3 meses de prisión polo delito continuado de utilización de menores para elaborar material pornográfico coas agravante de utilizar a un menor.
  • 9 meses de prisión polo delito continuado contra a intimidade.

Novas relacionadas

Comentarios