Piden á APLU que verifiquen a idoneidade da zona dunha pranta de xestión de residuos en Coristanco
Despois da última denuncia por posibles fraccionamentos ilegais de obras pantasma de saneamento en Coristanco, aparece en escena unha nova denuncia pola posible instalación ilegal dunha planta de compostaxe e xestión de residuos en A Furoca, San Paio, da man da empresa Gesmaga, relacionada coa empresa Maracaná, unha das implicadas nos posibles delitos de prevaricación.
Segundo sinala a denuncia presentada ante a Axenda de Protección da Legalidade Urbanísitca (APLU), “o solo no que se pretende instalar a pranta é solo Rústico, non autorizado polas Consellerías competentes para recibir lodos de depuradora”, polo que sería necesario unha autorización para a xestión de residuos.
Así mesmo consideran que faría falta un estudo de impacto ambiental dada a proximidade de varios cursos de auga, como Rego de Gatos ou o Rio de Vao, afluentes do Anllóns.
Critican os denunciantes a pasividade do goberno municipal saínte (tralo máis que posible acordo entre TEGA, BNG e PSOE para cambiar a cor do goberno) trala denuncia presentada no Concello en maio de 2013 e de novo en outubro de 2014. Pero nunca houbo resposta por parte do Concello.
Ante esta situación, solicitan á APLU a súa intervención para “velar pola utilización racional do solo conforme ao disposto na normativa de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral”. Piden que se proceda á inspección e vixilancia urbanística da zona”, para comprobar “o destino e finalidade da actividade construtiva”, así como “a idoneidade e aptitude do solo” para esa actividade, ademais de analizar o posible “impacto ambiental e paisaxístico da obra”, con impacto tamén sobre os veciños pola “emisión de ruídos e olores”.
Novas relacionadas
- Denuncian posibles fraccionamentos ilegais de obras pantasma de saneamento en Coristanco.
- O BNG de Coristanco denuncia vertedoiros incontrolados e novas sospeitas de prevaricación.
- A APLU abre expediente por unhas naves en Coristanco tras un posible trato de favor da alcaldía.
- 18-06-14: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- 22-09-14: TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco.
- 14-02-14: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- 12-02-14: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).