Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Piden un maior control dos desprazamentos interprovinciais ante a chegada de turistas en Fase 2

Praia de Razo-Carballo a 27 de maio 2020
Así estaba a Praia de Razo o pasado 27 de maio 2020
Piden un maior control dos desprazamentos interprovinciais ante a chegada de turistas en Fase 2

Aínda que pareza que nada pasou, seguimos en Fase 2. E segue sen poder facerse viaxes interprovinciais. Por iso sorprende ver tantas autocaravanas estas fins de semana (algún veciño chegou a contabilizar 200 entre Lariño e Muxía) ou escoitar tantos acentos diversos nas terrazas da Costa da Morte. Nesta situación, e co medo como único argumento, as redes sociais convírtense estes días en fervedoiros coloquios de odio e podemos ler verdadeiras barbaridades.

Denunciando a irresponsabilidade dos que efectivamente veñen dende outras provincias, pero sen querer alimentar debates inútiles e irrespetuosos (non podemos saber onde vive cada persoa que vemos pola praia a pesar de que non falen con gheada e seseo implosivo), recollemos a iniciativa que vai presentar o representante do BNG no Congreso dos Deputados ante esta situación.

Néstor Rego lamenta que “o goberno de Madrid que está permitindo que esa prohibición de viaxar entre provincias e comunidades sexa papel mollado e non fai un maior control nas estradas. Entendendo perfectamente o papel que o turismo ten hoxe na economía da zona, e que debe ser potenciado e ben aproveitado cando a situación así o permita, mostramos a nosa indignación porque este comportamento pode derivar en un rebrote na bisbarra dos casos de Covid-19, que por outra parte cabe destacar que foi das zonas menos castigadas de Galiza”.

Por isto, Rego intercederá ante o goberno do estado para que “se intensifiquen os controis, no que quede de fase 2, así como que cando se pasa a seguinte fase se permitan só os desprazamentos que sexan legais”.

Comentarios