mércores. 13.11.2024
El tiempo

Piden a revisión do prego de condicións para cubrir a praza do práctico dos portos da Costa da Morte

Porto de Brens-Foto-Rafa Quintans
Porto de Brens-Foto-Rafa Quintans
Piden a revisión do prego de condicións para cubrir a praza do práctico dos portos da Costa da Morte

Xa denunciaban a situación o pasado mes de maio, e veñen de presentar unha serie de iniciativas e preguntas no Parlamento Galego. O BNG pregunta polo servizo de practicaxe nos portos de Corcubión, Cee, Corme e Laxe (e Sada) unha vez que o actual “práctico” está a punto de xubilarse.

O DOG presentaba o pasado mes de marzo o “prego de condicións” para cubrir esa praza, pero segundo o BNG hai varias eivas. E cómpre sinalar que falamos dun servizo vital para a seguridade marítima nos portos pois o práctico é o responsable do asesoramento aos capitáns na manobra para atracar.

Primeiramente o prego exclúe o porto de Sada.

Segundo, non se contemplan zonas de fondeo nos portos de Cee, Laxe e Corcubión, cando o fondeo neste último xoga un papel importantísimo na seguridade da zona durante os temporais de inverno.

E terceiro, o prego inclúe un recorte do 50% nas condicións económicas, e deixando a responsabilidade do práctico nunha media xornada, que consideran insuficiente “cando nestes catro portos a dispoñibilidade para realizar as manobras é de 24 horas ao día polas súas características”.

Por iso pediron a sucsanación destas eivas na redacción do prego.

Novas relacionadas

Comentarios