Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Pode ser a esquecida Lei de Espectáculos Públicos unha referencia para controlar aforos?

Mercadillo-dominical-en-Cee-Foto-Juandelux
Mercadillo dominical en Cee-Foto-Juandelux
Pode ser a esquecida Lei de Espectáculos Públicos unha referencia para controlar aforos?

Aló por verán de 2018 abríamos unha serie de reportaxes arredor da recén aprobada Lei 10/2017, de 27 de decembro, de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas. Unha Lei que practicamente caera no esquecemento pero que agora pode coller relevancia. Daquela, analizamos como afectaría aos partidos do Fútbol da Costa ou ás verbenas populares?. Precisamente dous anos era o prazo que lle daba a Xunta aos Concellos para adaptar as súas ordenanzas, pero os movementos a nivel municipal foron nulos.

Se ben dende entón apenas tivo incidencia real nas nosas vidas, a Lei pode servir de referencia non só para como desenvolver estas actividades no marco desta “desescalada”, senón para analizar as diferentes interpretacións e asumir a piscaresca. De súpeto, con esta mal chamada “nova normalidade”, a cifra clave de 50 persoas pode convertirse en crucial.

Pasa a ser crucial a contabilidade do aforo máximo en lugares públicos para permitir unha certa cantidade de persoas. Se as terrazas só poden ocupar un 50% da súa superficie, que pasará cos espazos abertos? Canta xente entra na zona centro de Carballo durante a Feira? Canta xente cabe no campo da Feira da Piroga? Como se controla a entrada na praia de Balarés ata superar a porcentaxe máxima de ocupación?

Os técnicos reiteran a problemática de delimitar as zonas abertas, e polo tanto de calcular os aforos máximos permitidos neses espazos. Unha circunstancia que xa provocou que a devandita Lei Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas se convertise noutra desas leis que nunca se cumplen. Veremos agora se ten sentido aplicala.

Novas relacionadas

Comentarios