Por que os lumes queiman agora máis hectáreas ca nos noventa?

08:30 17/07/15

Tódolos anos o país sufre a lacra dos lumes forestais. A peor época foi na década dos anos 90 este problema acadou tal magnitude que se rondaron medias superiores ós 10.000 lumes/ano e superándose temporalmente os 15.000 lumes/ano. Nestes anos dramáticos case a metade dos lumes de todo estado español se produciron en Galicia. Daquela a principal arma de actuación fronte a este drama social e medioambiental era o Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais Da Xunta (SPDCIF). Na seguinte década tamen houbo anos dramáticos. Na memoria de todos fica gravado o ano 2006 con casi 100.000 hectáreas queimadas e medias diarias de máis de 300 lumes durante casi tres semanas. Aínda que o número de lumes foi baixando de xeito importante a partir do ano 2006, a eficacia nas tarefas de extinción diminuíu. Así, a superfice queimada por lume forestal case se tripiclou, segundo datos extraídos dos informes anuais publicados polo Ministerio de Medio ambiente.

Incendios forestais 2015
- 16-07-15: Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas.
- 15-07-15: Un novo incendio arrasou case 10 hectáreas en Coucieiro.
- 14-07-15: Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias.
- 19-06-15: Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres.
- 16-06-15: Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 09-06-15: Gures estrea a tempada de incendios.
Novas relacionadas
- Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención.
- Unha de prevención: A Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente.
Fonte
- Nova do xornal colaborador Galicia Confidencial.