Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Portal das Palabras arrinca a carreira para escoller a “Palabra do Ano”

Palabra-do-Ano-2023-noticia-web-Portal copia
O Portal das Palabras arrinca a carreira para escoller a “Palabra do Ano”

A poderosa ferramenta para toda aquela persoa que escriba e redacte en galego, o Portal das Palabras, comeza unha nova andaina lingüística. A iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié promove un ano máis a elección colectiva da “Palabra do Ano”.

Todo o mundo pode participar ata o domingo 10 de decembro na fase de recolla de suxestións, da que sairán as voces finalistas. A votación popular desenvolverase entre o martes 12 e o luns 25 de decembro.

Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

Comentarios