Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Pouca presenza da Costa da Morte no Parlamento Galego

Pleno do parlamento Galego Marzo 2024
Pouca presenza da Costa da Morte no Parlamento Galego

Constituíase onte a XII Lexislatura do Parlamento de Galicia. Os 75 deputados e deputadas dos PP, BNG e PSOE tomaron posesión dos seus escanos, sendo moi poucos os representantes da Costa da Morte.

De feito, a día de hoxe só temos tres representantes: o carballés do PP Rubén Lorenzo; a carballesa/santiaguesa do PSOE Patricia Iglesias Rey, e dous representes do BNG: o corcubionés Óscar Insua e o carballés Daniel Pérez.

PP

Rueda en Carballo con Rubel Lorenzo PP 2023
Rubén Lorenzo con Rueda nun evento en Carballo

Por parte do PP, entrou no Parlamento o carballés Rubén Lorenzo (que estaba no posto 13º). Lorenzo é Técnico en Comercio e Márketing, e Deputado no Parlamento de Galicia na XI lexislatura, foi presidente da Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes. Ademais é Concelleiro en Carballo desde o ano 2019. Presidente da xestora do PP de Carballo e portavoz do Grupo Municipal Popular.

Quedaron pendente acamariñá Paula Mouzo (nº14), o ceense Jesús Picallo (nº22), e Daniel Remuiñán (nº23), ou a muxiá Sandra Vilela (nº25). Con todo, esperan que Paula Mouzo entren a formar parte do Parlamento cando se conforme o goberno, e se unan á veterana pontecesá/coruñesa Ethel Vázquez.

Paula Mouzo é unha profesional do mar, patroa local de pesca, mariñeira de máquinas da Mariña Mercante, percebeira e mariscadora. Formouse en deseño industrial de mobles e contabilidade, e profesionalmente na empresa familiar de construcción. Concelleira en Camariñas e membro do Comité Executivo do PPdeG como coordinadora de Movementos Sociais. Secretaria da Comisión Permanente de Igualdade e membro da Comisión de Pesca do PpdeG.

PAULA MOUZO PP Camarinas
Paula Mouzo

BNG

EólicosAsíNon_FaniAlonso-Oscar Insua
Oscar Insua

Por parte do BNG, Oscar Insua é avogado de profesión, xa foi tenente de alcalde de Corcubión entre xuño de 2007 e abril de 2008, na última etapa de Rafael Mouzo á fronte da alcaldía corcubionesa. Alén, encabezou a candidatura do BNG nas eleccións municipais de 2011 na mesma vila, e foi portavoz da organización nacionalista na Corporación Municipal entre 2008 e 2014. Na actualidade é membro da Executiva comarcal do BNG da Costa da Morte.

Daniel Perez Carballo Comision Parlamento
Daniel Pérez 

Pola súa parte, o carballés Daniel Pérez é Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, desenvolve a súa carreira profesional como avogado laboralista. Concelleiro do BNG en Carballo de 2011 a 2019 e de 2023 á actualidade. É deputado pola Coruña dende 2020.

PSOE

Fabian Canosa e Patricia Iglesias Rey nun mitin en Carballo
Fabian Canosa e Patricia Iglesias Rey nun mitin en Carballo

No PSOE non deu entrado Fabián Canosa, a pesar de estar no nº6 da lista provincial. O camariñán é mestre nun centro de ensino da Coruña.
Patricia Iglesias Rey é letrada no Consello de Contas de Galicia e delegada en Galicia da Asociación de Mulleres no Sector Público.

Comentarios