Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP rexeita todas as enmendas do BNG para os orzamentos da Costa da Morte

foto Daniel Pérez
O deputado carballés Daniel Pérez
O PP rexeita todas as enmendas do BNG para os orzamentos da Costa da Morte

Chegaron á Comisión 3ª Economía, Facenda e Orzamentos as enmendas parciais que presentou o BNG aos Orzamentos da Xunta 2022. Pero non pasou o corte nin a primeira.

As case 20 actuacións propostas, que inclúan un investimento de 15 millóns de euros, foron rexeitadas polo PP. Unha negativa que se ratificará, agás sorpresa, no pleno orzamentario do Parlamento deste martes.

Dende o BNG lamentan a falta de compromiso da Xunta coa nosa bisbarra, esquecendo investimentos necesarios para cubrir “eivas estruturais, demandas históricas e actuacións inaprazábeis, por urxentes, que existen na nosa zona”. “Ante uns orzamentos da Xunta que parecen amosar un descoñecemento absoluto e inxustificábel das necesidades e prioridades das dúas comarcas, e que confirman que non existe vontade política algunha do PP por cubrilas, o BNG seguirá reivindicando uns investimentos reais e xustos para Bergantiños e Costa da Morte”, anuncia o deputado Daniel Pérez.

Novas relacionadas

Comentarios