xoves. 13.02.2025
El tiempo

Sardiñeiro estrea unha doble Casa do Maior para coidar a 10 maiores

Casa do Maior Fisterra 2
A rehabilitada Escola de Suarriba
Sardiñeiro estrea unha doble Casa do Maior para coidar a 10 maiores
A Escola de Suarriba, en Sardiñeiro, acolle unha nova Casa do Maior. Neste caso é como unha doble, e poderá coidar a 10 persoas, da man ao proxecto cooperativo da comarca. 

Esta fin de semana o centro, na xornada de Portas Abertas, recibiu a visita do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, que recalcou a decidida aposta da Xunta de Galicia por un sistema de coidados próximo e centrado nas persoas. Unha solución que non pasa de parche para moitos cidadáns da comarca, que piden por exemplo unha Residencia ou Centro de Día comarcal en Corcubión.

O director xeral destacou que, ademais da atención socio-sanitaria que prestan, as casas do maior son fundamentais para facilitar a conciliación da familias e para fomentar un envellecemento activo e saudable. 

Casa do Maior Fisterra 4

Casa do Maior Fisterra 3

Casa do Maior Fisterra

Máis novas

Comentarios