venres. 07.02.2025
El tiempo

10 maiores xa gozan dos servizos da Casa do Maior do Couto

CASA DO MAIOR na Casa dos Vecinos do Couto-Ponteceso
Casa do Maior na Casa dos Vecinos do Couto-Ponteceso
10 maiores xa gozan dos servizos da Casa do Maior do Couto

A parroquia do Couto vén de ampliar a súa Casa do Maior, esas pequenas infraestruturas que supoñen un parche ate a carencia de residencias de maiores ou centros de dia pública. Onte ampliouse a infraestrutura situada na Casa dos Veciños, que permite ampliar as prazas de atención diúrna no municipio ata un total de 10, o que supón un reforzo na cobertura das necesidades da poboación de idade avanzada permitindo un apoio máis próximo e personalizado ás persoas que precisan atención, ao tempo que ofrece ás súas familias unha maior facilidade para conciliar a vida laboral e familiar.

No caso da comarca, o proxecto empresarial consiste nunha concesión a unha Cooperativa costeira que fomenta o autoemprego a mulleres da zona, creando neste caso dous postos de traballo.

O acto contou coa presenza do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, Antón Acevedo, do alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez.

Durante o encontro, avaliáronse posibles iniciativas para continuar ampliando servizos no futuro. Tamén se tratou o tema das futuras convocatorias de Casas do Maior co obxectivo de seguir reforzando a atención e sumando novos recursos que garantan un envellecemento activo e digno a toda a poboación

Comentarios