Domingo. 07.08.2022
El tiempo

A Primavera en Ruta de Senda Nova achegou a natureza a máis de 200 camiñantes

Ruta de primavera con Senda Nova
A Primavera en Ruta de Senda Nova achegou a natureza a máis de 200 camiñantes

Non puido o tempo coas gañas de andainas e natureza que tiveron os máis de 200 camiñantes bergantiñáns que participaron no programa de Primavera en Ruta. Un programa que cumplía a súa 13ª edición, “cumprindo obxectivos de participación, diagnose do territorio e tamén coñecemento do mesmo”, como recoñecen dende a propia Senda Nova.

Foron 8 saídas (Camiños de Aldemunde, O Son do Anllóns, Coristanco Histórico, Terras altas de Soneira, Ruta das Mámoas, Camiños de Caión, Forza do Río Chonia ou Costa agreste de Cerqueda e Cambre), por 8 concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes, con arredor de 200 paradas para explicar a contorna da man de persoeiros singulares de cada zona ou dos propios guías da entidade.

Este ano foron moitos os que se animar a través dos centros de ensino, o que enche de satisfacción á organización e dá pleno sentido a esta primavera de aprendizaxe.

Primavera en Ruta con Senda Nova 2022

Senda Nova só pode agradecer ao seu voluntariado, como aos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas por toda a colaboración, así como á Asociación de Voluntarios Protección Civil de Carballo.

Máis novas de Senda Nova

comentarios