Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Primavera en Ruta de Senda Nova: “Os obxectivos que parecían rebuscados fai uns anos, hoxe son conductas asumibles”

Primavera en Ruta de Senda Nova
A Primavera en Ruta de Senda Nova: “Os obxectivos que parecían rebuscados fai uns anos, hoxe son conductas asumibles”

Fai balance a comprometida e activa entidade Senda Nova desta nova (a novena) e singular edición do programa Primavera en ruta. Unha serie de saídas para coñecer de preto o noso patrimonio natural e así respectalo. Un programa que pretende recuperar espazos esquecidos seguindo a liña coa que naceu hai 11 anos.

A última saída foi polas Terras de Soneira, da man de Evaristo Rodríguez Rial, visitando o Pico de Meda, o gran balcón do interior costeiro, ademais do cruceiro do Sisto, o que queda das Torres do Surribado, a Agra da Cruz, a igrexa de Gándara, Vilaestevez ou Carreira e o seu museo do liño da man de Perfecto.

”Hoxe máis que nunca, nesta Primavera en Ruta que foi verán, os obxectivos que parecían rebuscados fai uns anos, maniféstanse hoxe como conductas asumibles xa por tod@s”, contan dende a entidade. “Neste tempo puxemos un importante gran de area para transformar a unha sociedade local máis ansiosa hoxe de natureza, de rural, de posta en valor do patrimonio local, e de establecer destinatarios locais para unhas actividades con limitado volume de participación e abondosa interpretación do patrimonio”.

Novas relacionadas

Comentarios