Martes. 19.03.2024
El tiempo

Primeiro falecido por coronavirus na Costa da Morte

Hospital de Cee
Primeiro falecido por coronavirus na Costa da Morte

Este mediodía de mércores 25 de marzo de 2020, o coronavirus cobrábase a primeira morte na Costa da Morte. Trátase dun veciño septuaxenario do Concello de Fisterra, con patoloxías previas, que estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira.

Dende os centros hospilatarios aseguran que esta semana é fundamental para conter o avance do covd_19, polo que piden á veciñanza máxima precaución e seguemento do confinamento. Indican ademais que van comezar a haber máis casos de positivos, unha vez que a campaña de frotis a domicilio está comezando a dar resultados.

Parece evidente que si, que o coronavirus tamén é cousa nosa, así que polo ben de todos, #Quedanacasa.

Todas as novas do Coronavirus

Máis novas

Comentarios