Martes. 19.03.2024
El tiempo

Jose Insua, do Centro de Maiores de Fisterra: “Temos que agradecer aos nosos anxos da garda”

Jose Insua sanitario da Residencia de Maiores de Fisterra
Jose Insua, sanitario da Residencia de Maiores de Fisterra
Jose Insua, do Centro de Maiores de Fisterra: “Temos que agradecer aos nosos anxos da garda”
Un dos focos de atención desta crise sanitaria a nivel estatal son os nosos maiores. E dado o envecellemento poboacional que sufrimos na nosa comarca, o coidado das medidas de confinamento deberían ser moito maiores.

Queremos visitar un dos centros de maiores da nosa comarca, o Fogar Residencia Nosa Señora do Carme de Fisterra, que viven días de nerviosismo, pero tamén de gratitude, polas mostras de solidariedade que están recibindo.

 
  • QPC: Como levades eses novos cambios para as Residencias de Maiores (4 zonas separadas, menos sanitarios en contacto coa poboación de risco...)?

Esperemos que non cheguemos nunca a ter que confirmar algún caso de CoVid-19, pero de fose así temos establecido xa un protocolo ben para illar a un posible caso con síntomas compatibles co virus, ben para casos confirmados. Temos unha habitación de enfermería para un caso, e se se desen máis casos temos unha zona amplia onde caben 3 ou 4 camas, e no caso de ser máis pois podemos dividir a planta en dúas partes, xa que temos tamen portas contra-incendios que fan de illante entre unha zona e outra. Temos tamén un protocolo para os traballadores seguindo sempre as recomendacions publicadas actualmente no BOE.

 
  • QPC: Como están levando os maiores esta crise sanitaria? Están nerviosos? Que tal se portan entre eles e con vós?

Os maiores levan o día a día con total normalidade. Polas súas situacións están moi acostumbrados a non saír da Residencia a maioría deles. Algún, que ainda podía saír a dar unha voltiña si que o poñen en falta pero conscientes de que non poden saír xa que están debidamente informados e o entenden. Si é verdade que non levan de igual maneira o de non poder ver os seus familiares, como é normal botanos en falta, pero teñen contacto permanente con eles por teléfono, os que poden facelo. A preocupación sempre esta aí e algúns son máis conscientes que outros pero sempre intentamos desviar a súa preocupación e levar o día a día ca máxima normalidade posible. Entre eles son uns excelentes compañeiros e con nós desde sempre, son moi agradecidos.

 
  • QPC: Non están recibindo visitas entón?

Desde que se declarou o estado de alarma non entra ninguén, nin familiares nin xente allea as actividades do centro, seguimos extrictamente os protocolos establecidos polas autoridades competentes.

 
  • QPC: Que facedes con eles para pasar o tempo? Cambiou algo a rutina coa declaración do estado de alarma?

Como che dixen antes a rutina é a do día a día, normal, coma sempre. Teñen as súas actividades de ximnasia, pintan, xogan as cartas, o parchís etc. Para nós si que cambiou como e lógico a rutina, temos un extricto protocolo de limpeza e seguridade.

 
  • QPC: E os sanitarios, como o levades?

A nosa situación, en cambio vivímola con máis preocupación, sobre todo vendo as noticias doutros compañeiros e residencias que por desgracia teñen casos confirmados de Covid-19. Estamos preocupados porque somos conscientes de que cando entra o virus pola porta non vén facernos unha visita agradable. Por iso traballamos día a día deixándonos a pel para facerlle fronte con dentes e garras, cuidando cada detalle e cada protocolo ao milimetro.

 
  • QPC: Sentísdesvos algo orfos de información por parte das administracións?

Estamos totalmente informados e agradecemos toda a información que se nos facilita. Temos comunicación fluída entre todos nós para estar sempre ao día, xa sexa nos cambios de turno ou por grupo de WhatsApp.

 
  • QPC: En todo caso, hai cousas boas de todo isto. Xa recibistes varias mostras de solidariedade, verdade?

Non temos palabras para iso. Son os nosos anxos da garda. Aproveito dende aquí para agradecer a toda xente e institucións que nos estan axudando, o Concello de Fisterra con Xel Alcohólico, a Dentix pola dotacions de luvas; a Granxa Ovos Santa Clara; o Sarxento da Gardia Civil de Corcubión, por preguntarnos como nos atopamos, tanto o centro de Maiores coma o de menores e ofrecéndonos medicinas, alimentos, batas, luvas, mascarillas…
Tamén temos a sorte de ter o noso anxo da Garda, o noso rey mago que sempre esta aí en momentos difíciles, e colaboradora habitual da Residencia, sempre aportando o seu grao de area e sobre todo o seu gran corazón e cariño para nenos e maiores. Estou falando da cantante Vega, que sabe a nosa situación e está en permanente contacto con nós día a día e hora tras hora, ademais de axudarnos cunha importante cantidade económica.

 
  • QPC: Tendes algunha necesidade?

O que máis nos fai falta son mascarillas e o xel para as mans pero como dixen anteriormente ca gran axuda da xente neste momento podemos dicir que non temos falta de nada!

 

 

Novas novas do Coronavirus

Comentarios