PSOE e PP lánzanse responsabilidades sobre a inestabilidade de XEAL

Desta volta, e con varias iniciativas presentadas polo BNG pendentes de tramitar, foi o portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, o que lle trasladaba unha pregunta á Xunta para que “garanta a viabilidade e a carga laboral” das fábricas de ferroaleacións e hidroeléctrica, e que lle esixa o Plan de Viabilidade que a propia Xunta ten recoñecido como indispensable.
Seco recorda os temores da plantilla, afectada por un ERTE, que mira como “Xeal estea centrando o seu futuro na explotación dos recursos enerxéticos, agravando o deterioro paulatino das fábricas e amortizando man de obra”. Así mesmo, reclamoulle á Xunta que manteña un encontro cos alcaldes da comarca “que lle piden con preocupación ao Goberno galego que os informe da situación na que se atopa a factoría”, que segue moi por debaixo da súa capacidade máxima de produción.
O responsable do goberno respostou cunha ofensiva contra o Ministerio sobre a necesidade da nova Lei da Industria Electrointensiva, e a pelota segue bailando de tellado en tellado.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 14-11-2020: O persoal de XEAL segue esixindo, na rúa, o Plan de Viabilidade.
- Outubro 2020O Comité na rúa mentres XEAL asegura ter investido 6 millóns en seguridade nas fábricas.
- 23-10-2020: A Xunta confírmalle ao Comité que XEAL incumple as esixencia da administración.
- 16-10-2020: Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa.
- 10-10-2020: As mobilizacións dos traballadores de XEAL poñen o foco na Xunta.
- 07-10-2020: Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.
- 02-10-2020: O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas.
- 25-09-2020: “O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”.