O PSOE tamén pide á Xunta que se manifeste sobre a venda e que esixa o Plan de Viabilidade para Ferroatlántica

Volveu o caso Ferroatlántica ao Parlamento Galego, unha semana despois de que a Xunta recoñecese que si ten que esixir un Plan de Viabilidade á empresa. Desta volta foi o PSdG o que levou pregunta oral. Acompañada pola alcadesa de Cee, os alcaldes de Corcubión, Dumbría e Vimianzo, e a teniente alcaldesa de Viimianzo, a portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiulle ao gobernode Fiejoo que “é competencia da Xunta de Galicia asegurar a actividade produtiva das ferroaleaxes” das fábricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría.
Rodríguez Rumbo lembrou que “o goberno galego non pode obviar que a empresa Ferroatlántica benefíciase de concesións públicas para explotar recursos naturais que son de todos os galegos e as galegas, supeditadas ao mantemento e creación de postos de traballo”. Por iso reclamoulle ao presidente da Xunta que lles responda aos alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte, que o 12 de agosto solicitaron unha xuntanza preocupados polo futuro da factoría.
É necesaria a Autorización administrativa
Se ben o goberno galego insiste en que a venda non require de autorización administrativa “porque non afecta á titularidade”, o PSOE recorda que “a autorización administrativa concedida en 1992 e a conseguinte resolución definitiva de 1994 establecía que o réxime de titularidade non podería ser alterado sen autorización administrativa, ademais de que impedía a segregación das actividades de Ferroatlántica”. Por iso sinala que “a venda debe ser autorizada previa e expresamente por Augas de Galicia, que ten a obriga de pronunciarse sobre se o negocio xurídico de Ferroatlántica está suxeito á autorización previa. Esta conleva a presentación dun Plan de Viabilidade que garanta a actividade de ferraleaxes e que especifique a continuidade do funcionamento de todos os fornos e o mantemento do emprego”.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 17-10-19: A Xunta recoñece que Ferroatlántica si ten que presentar un plan de viabilidade como lle viña esixindo a CIG.
- 16-10-19: Suspendidas as concentracións semanais do persoal de Ferroatlántica polas eleccións sindicais
- 09-10-19: Ferroatlántica: Un novo martes ás portas do Concello de Cee.
- 02-10-19: A Xunta sobre Ferroatlántica: “O único que aconteceu nas últimas semanas foi unha transmisión de accións”.
- A carta coa que os alcaldes a Costa da Morte esixen a Feijoo que interceda no caso Ferroatlántica.