Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A carta coa que os alcaldes a Costa da Morte esixen a Feijoo que interceda no caso Ferroatlántica

Alcaldes da comarca
Reunión dos alcaldes/as da comarca a comezos de agosto en Cee
A carta coa que os alcaldes a Costa da Morte esixen a Feijoo que interceda no caso Ferroatlántica

A comezos de mes os alcaldes da comarca reuníanse en Cee para esixir que a Xunta se posicione sobre a venda, aínda non rubicada, de Ferroatlántica. Unha reunión convocada pola alcaldesa de Cee, á que acodiron tod@s os rexedores da zona.

O que non coñecíamos era o contido da carta que os alcaldes enviaron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, da que, aínda no recibiron resposta:

”A Xunta de Galicia ten que garantir o cumprimento da condición esencia consistente na non segregación da actividade de produción das ferroaliaxes da produción da enerxía eléctrica das centrais.

Nese sentido entendemos que:
1º- Augas de Galicia ten a obriga de pronunciarse sobre se o negocio xurídico que pretende realizar Ferroatlántica está suxeito á autorización previa do referido organismo.
2º- O cumprimento da referida condición esixe que a empresa beneficiada das concesións ten a obriga de presentar un plan de viabilidade como necesidade para concretar o compromiso da non segregación. A Xunta de Galicia ten que esixir ese plan de viabilidade concretando as condicións para o seu efectivo cumprimento.
Como ben coñece, a orbiga de presentar un plan de viabilidade garante de ferroaliaxes, entendeuse polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na sentenza de 9 de maio de 1996, non como unha condición ex novo, senón como unha
“necesidade de concretar o compromiso de non segregación das actividades de produción de ferroaliaxes e enerxía eléctrica, cuxa esencialidade xa se puso de manifesto ao longo de toda a tramitación expediente”.

O Presidente da Xunta de Galicia non pode obviar que a empresa Ferroatlántica se beneficia das concesións públicas para explotar os nosos recursos naturais, supeditadas ao mantemento e creación de postos de traballo. É competencia da Xunta asegurar a actividade produtiva das ferroaliaxes das fábricas de Cee e Dumbría, contando na súa plantilla traballadores de todos os concellos que representamos”.

Ante esta situación, solicitámoslle que nos informe o máis axiña posible sobre a liña de traballo que está a levar a Xunta e as xestións realizadas na búsqueda de solución para os traballadores de Ferroatlántica e do futuro económico de toda a comarca da Costa da Morte”.

  • Asda: Margarita Lamela.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios