Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Quedan prohibidas todas as queimas agrícolas e forestais

Quedan prohibidas todas as queimas agrícolas e forestais
As bandeiras de Carballo ondean onte e hoxe a media asta pola traxedia de Portugal As bandeiras de Carballo ondean onte e hoxe a media asta pola traxedia de Portugal

Mentres Galicia sofre a traxedia portuguesa (mesmo as bandeiras do Concello de Carballo ondean a media asta), toca tamén botar un ollo aos nosos montes. Uns montes que dan medo, pois o traballo de prevención ten sido rotundamente 0.

En todo caso, dende este mércores, segundo informa a Xunta, quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.

A decisión tomouse despois de avaliar as actuais condicións meteorolóxicas e as súas previsións, así como a situación do Índice de risco diario de incendio forestal (Irdi). Tívose tamén en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

085

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal. Lembra ademais que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios