Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Quererías acoller un neno?

Quererías acoller un neno?

Acoller non é adoptar. Acoller é dar cobixo a un cativo durante unha temporada da súa vida, ata que a súa familia poida volver facerse cargo del.

A Cruz Vermella Española fai un chamamento urxente ás persoas das Comarcas da Costa da Morte interesadas en colaborar en acollementos familiares de longa duración de nenos e nenas de entre 8 e 11 anos.

Aquí vai un vídeo que informa perfectamente do programa:

Se estás interesad@ ou coñeces alguén que poida estalo por favor entra en http://familiasacolledoras.cruzvermella.org/ ou chama ó 981 221 000 (ext. 38220 / 38221 / 38222)

Fonte

  • Cruz Vermella.

Comentarios