Recuperan un “botixo de media arroba” da Armada do século XVI

Novo achádego que demostra a riqueza do noso patrimonio arqueolóxco subacuático. Foi o buque pesqueiro “Tadima” o que informaba á Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión que aparecera no aparello de pesca unha vasixa antiga.
A Garda Civil solicitoulle ao comunicante a realización e envío dunha fotografía da mesma para a súa remisión á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Trala remisión das fotografías ao mencionado organismo, o seu persoal identificouna como un “botixa de media arroba”, pertencente a algún dos barcos afundidos da Armada ou da Armada de Intervención de Irlanda, datándoa como unha peza do ano 1.596 aproximadamente.
A Garda Civil fíxose cargo da mencionada peza para proceder á súa custodia ata a entrega á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 19: 32 anos solicitando un Centro de Investigación de Arqueoloxía Subacuática.
- 18-09-19: Piden que os canóns do séc. XVI rescatados en Camariñas queden na Costa da Morte.
- Miguel San Claudio: ”Ogallá os responsables políticos sexan conscientes do que teñen co patrimonio náutico e subacuático da Costa da Morte e lle saquen partido”.
- Estragando unha gran ocasión co esfolado Museo Seo de Corcubión.
- 2011: Non ao Museo subacuático da Costa da Morte.
- 2011: A Xunta asegura que estudiará a creación do museo subacuático da Costa da Morte.