sábado. 24.05.2025
El tiempo

Retumba a Costa da Morte coa axenda desta fin de semana

Retumba a Costa da Morte coa axenda desta fin de semana
Retumba a Costa, porque levamos xa varias semanas sen que decaiga a festa. Se nos deitamos o domingo pasado cando ainda non se apagaran os focos das orquestas do San Cristovo, empezamos un luns dunha das semanas centrais do verán. Esta foi a semana do Carme, unha virxe especialmente vinculada á comarca e que se festexou en vilas como Camariñas, Muros ou Zas. Pero ainda que xa pasaron un par de días desde o Día do Carme, a festa continúa durante esta fin de semana. En Camariñas, uns días despois do Mercado Mariñeiro, empezou a súa gran festa, que dura ata o sábado 19 de xullo. Ainda hai tempo para pasarse pola sardiñada. A parroquia de Moraime, en Muxía, tamén ten as festas da virxe do Carme os sábado 19 e domingo 20 de xullo. E en Corcubión está todo preparado para volver un ano máis ao medievo (e xa van 14 anos). Nesta edición o teatro e a música teñen unha maior presencia. Catro grupos de música encargaranse de amenizar as rúas e os postos habituais trasladarán por uns días a veciños e visitantes varios séculos para atrás. É tempo tamén da festa máis motorizada, a Baixada de Carrilanas de Esteiro, que afronta a súa XXVII edición. E ademais da previa coa loita pola pole, haberá verbeneo e moita troula. Pero esta fin de semana entre as citas consagradas tamén hai un estreo moi esperado: O Festival Sopor de Ponteceso (sábado 19 de xullo). Un festival sen corsés, e con música de todas as especies: Indie, Hip-Hop, Rock, Folk, Dance… Así é o Festival Solpor Ponteceso. Dun extremo voltamos ao outro, coa celebración o vindeiro 20 de xullo, do 300º aniversario da Capela de San Blas, en Armán-Grixoa (Santa Comba). Tamén seguen os venres de música en directo no Colonial Café de Cee. Hoxe co grupo Ruta 77 que empezarán sobre as 23 horas. Aquí tedes unha mostra do ben que sona esta banda coruñesa "nacida para o rock&roll". https://www.youtube.com/watch?v=n-OqhuLkDk4 En Vimianzo Rapa das Bestas, o Maratón de Fútbol Sala en Baio, o Carme do Brino... Pero non está todo aquí. Se queres ver qué máis hai na axencia, está aquí.

Comentarios