SEA amplía a oferta de solo industrial por menos de 100€/mes nos polígonos de Cee, Malpica, Muros e Vimianzo

Como xa anunciou hai pouco no polígono de Malpica, Suelo Empresarial do Atlántico vén de anunciar a “histórica aprobación da oferta” de solo industrial por menos de 100 euros ao mes nos polígonos de Vimianzo, Muros e Cee.
O modelo de chen en Dereito de Superficie, trátase dunha fórmula próxima ao aluguer con opción a compra, que permite ás empresas instalarse sen ter que adquirir a parcela. Desta forma, pódese aprazar o desembolso económico da adquisición da parcela aos seguintes anos ou ben optar por comprar o chan. A cantidade abonada se descontaría parcialmente no momento da compra. Ademais, en todos os casos, as parcelas ofertadas en Dereito de Superficie tamén seguen podendo adquirirse baixo o réxime habitual.
En VImianzo ofrécense 24 parcelas, que supoñen unha superficie total de 30.039 metros cadrados, con prezos desde os 88 euros mensuales durante as primeiras anualidades.
Do mesmo xeito, tamén se realiza unha importantísima aposta polo polígono de Buño, en Malpica, no que se duplica a oferta existente, ata alcanzar máis da metade de todo o parque empresarial. En concreto, ofrécense 14 parcelas, que suman 15.822 metros cadrados, desde os 75 euros mensuales.
En Cee, onde neste semestre xa se adxudicaron cinco parcelas, 15.000 metros cadrados, por preto dun millón de euros, son 4 as parcelas dispoñibles (8.712 metros cadrados en total) con este sistema.
E finalmente no polígono de Muros, no que xa se adxudicaron dous parcelas neste réxime, tras anos sen novas empresas instaladas, son ata 23 parcelas, que supoñen ata 17.843,52 metros cadrados e con prezos tan reducidos como 66 euros mensuales para 660 metros cadrados de superficie.
Novas relacionadas
- Xullo 21: 100€/mes por 1.000m2, o plan de SEA e o Concello de Malpica para impulsar o polígono de Buño.
- Xuño 2021: Licitan as obras da nova planta de transferencia de Sogama no Polígono de Cee.
- ABril 21: Gerca aumenta a súa presencia na comarca con dúas novas parcelas no Polígono de Vimianzo.
- 08-03-2021: Avanza o proxecto de ampliación do polígono da Laracha.
- 01-03-2021: Insuapesca, un obradoiro de conservas artesanais para o polígono de Muros.
- Marzo 2021: As conserveiras, o frío industrial ou a loxística: os sectores que dinamizan os parques empresariais.
- Febreiro 2021: Construcións Búa tamén se vai ao Polígono de Cee.