Venres. 29.03.2024
El tiempo

Gerca aumenta a súa presencia na comarca con dúas novas parcelas no Polígono de Vimianzo

Visita Gerca Vimianzo, 7 abril 2021
Visita institucional a Gerca
Gerca aumenta a súa presencia na comarca con dúas novas parcelas no Polígono de Vimianzo

Avanza a ocupación do Parque Empresarial de Vimianzo. Pendentes aínda do enlace da Autovía (sen novidades dende o pasado xullo), as empresas seguen fortalecendo o tecido costeiro. Así o demostra a reserva de dúas parcelas da empresa Gerca, xa instalada como unha das referencias empresarias da Costa da Morte.

A xerente de SEA; Beatriz Sestayo, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez, achegáronse ata a empresa para coñecer de primeira man as novas marquesinas que a empresa, de 50 traballador@s, está poñendo no mercado.

As dúas novas parcelas no polígono, suman 2.370 metros cadrados, e supón un investimento de máis de 135.000 euros para que Gerca amplíe as súas intalacións.

Facilidades

O director comercial de SEA, José Rei, suscitou a intención de ampliar a fórmula de Dereito de Superficie, impulsada pola actual xerencia para favorecer a instalación de empresas. Trátase dun sistema similar ao aluguer con opción a compra que permite iniciar a actividade no polígono por cifras moi reducidas, de apenas 100 euros ao mes, en función das parcelas.

O Concello, ademais, bonifica o ICIO ata nun 95% a aquelas empresas que se instalen no polígono industrial, que na actualidade conta con compañías como Gerca ou Estrela Galicia.

Nova campaña

SEA puxo disposición do Concello a nova campaña promocional desenvolvida para difundir o polígono industrial.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Comentarios